Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/12/2021 | Actualizada ás 17:01
Os xurados dos Premios Xerais 2021 seleccionou xa os finalistas destes galardóns, que estarán dotados con 10.000 euros e entregaranse nunha gala por 'streaming' prevista para este sábado, 11 de decembro.
En concreto, as obras con títulos 'O negociador', 'Seres queridos' e 'Tritón' competirán na XXXVIII edición do Premio Xerais de Novela, ao que concorreron un total de 44 candidaturas.
En canto aos XIII Premios Jules Verne de Literatura Xuvenil, aos que se presentaron 14 obras, son finalistas aquelas presentadas baixo os lemas 'Cráter', 'Elefante', 'Irracionais' e 'Meirás'.
Finalmente, polo XXXVI Premio Merlín de Literatura Infantil, ao que concorreron 26 títulos, competirán 'Fóra a alma', 'O neno de lume' e 'Protectora de espíritos'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.