Temas: COVID-19 OURENSE

O Concello de Ourense repartirá test de antíxenos entre os seus servizos esenciais para previr contaxios de covid-19

O corpo de bombeiros rexistrou cinco positivos.

Por E.P. | Ourense | 07/12/2021 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense anunciou este martes que dotará de test de antígenos aos seus servizos esenciais para evitar perigos e evitar novos contaxios por COVID-19. Así o acordaron o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, e a concelleira de Asuntos Sociais e Saúde, Eugenia Díaz Abella, durante unha reunión con representantes da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil.

Un home sométese a un test de antíxenos nun dispositivo de cribado masivo na Coruña pola pandemia de covid-19.
Un home sométese a un test de antíxenos nun dispositivo de cribado masivo na Coruña pola pandemia de covid-19. | Fonte: M. Dylan - Europa Press.

A reunión fora convocada para analizar a situación actual da cidade con respecto á evolución da pandemia despois de que se notificasen cinco contaxios no corpo de Bombeiros, o que, segundo o titular de Seguridade Cidadá, supón "unha diminución considerable no persoal deste servizo básico do Concello".

A finalidade desta asemblea foi implementar medidas de prevención para evitar ou conter na medida do posible o impacto da covid no concello e en especial nos servizos esenciais presentes na reunión.

O sindicato de CC.OO. en Ourense acusou ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, de "mentir día a día", "complicar" a situación e "estar á marxe" da situación dos traballadores na cidade. CC.OO. solicitou para a tarde do martes unha reunión urxente do Comité de Seguridade para adoptar as medidas preventivas necesarias para ampliar as medidas tomadas na reunión do Concello.

Temas: COVID-19 OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta