Sergio Gálvez, comité de Barreras: "Non hai unha política de país. O estado debe participar no sector naval"

Sergio Gálvez é o presidente do comité de empresa no estaleiro Barreras. Ante o peche das ofertas de compra do estaleiro vigués, as cuestións que xorden son se o comprador terá proxectos de futuro e viabilidade así como unha mellora en cuestións de tecnoloxía. Outra cuestión que se pon sobre a mesa é a necesidade dunha maior presenza do Estado para fortalecer o sector que, nestes momentos, está tendo por diante unha forte competencia por parte doutros países onde os gobernos si interveñen e dan facilidades á construción naval.

Por Moncho Mariño | Vigo | 15/12/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia