O Concello da Coruña, "a piques" de presentar unha demanda para recuperar a Casa Cornide

O consistorio pediu un informe legal á UdC para deixar clara a irregularidade da compra por parte dos Franco.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2021 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña está a ultimar a demanda para a recuperación da Casa Cornide, propiedade do Franco, segundo manifestou, a preguntas dos xornalistas, a alcaldesa, Inés Rey. Fíxoo tras informar os asuntos aprobados na Xunta de Goberno local e ao ser preguntada polo prazo de decembro que se apuntou para a presentación da citada demanda.

"Está a piques de presentarse", dixo a rexedora, que precisou que se están preparando "os últimos informes" sobre o citado edificio para a súa recuperación, en liña co que pasou co Pazo de Meirás. Para apoiar as súas pretensións, o goberno local encargou á Universidade da Coruña (UDC) un informe que considera ilegais os distintos procesos de permuta, poxa e venda do inmoble.

Casa Cornide / Europa Press. / Europa Press
Casa Cornide / Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta