O PP esixe dende a Coruña a Sánchez que "se cumpra a lei" sobre o castelán en Cataluña

O vicesecretario xeral de Participación do PP, Jaime Olano, pide a Sánchez "esquecerse de que ERC é o seu socio" de Goberno.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/12/2021 | Actualizada ás 13:08

Comparte esta noticia

O vicesecretario xeral de Participación do PP, Jaime Olano, cualificou de "intolerable" o acoso, a través de redes sociais, á familia dun neno en Canet de Mar (Barcelona) por conseguir que o seu fillo reciba un mínimo de 25% de horario lectivo en castelán e instou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a "esquecerse de que ERC é o seu socio" e esixir que "se cumpra a lei" nas aulas catalás.

Fíxoo, a preguntas dos xornalistas, nun acto na Coruña, e tras a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña sobre a obrigación dos centros de ofrecer, polo menos, esta porcentaxe. Olano instou ao Goberno de Sánchez a que "obrigue á Generalitat a cumprir a sentenza". "O clima de convivencia en Cataluña non é o que nos queren vender", apostilou tamén culpando do "acoso" a esta familia ao "mundo independentista".

"Que non é a maior parte dos cataláns, pero si ten moita forza", dixo o dirixente popular, quen apuntou a unha situación "amparada por ERC e Junts". "O goberno de Sánchez ten que esquecerse de que ERC é o seu socio e esixir que se cumpra a lei e amparar os dereitos dun menor", insistiu en relación a este caso.

O vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano.
O vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano.

CRÍTICAS AO NOMEAMENTO DE CARMELA SILVA

O visecretario xeral de Participación do PP, Jaime Olano, tamén se vén de sumar ás críticas dentro do seu partido polo nomeamento como presidenta do PSdeG da máxima responsable da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, no congreso autonómico dos socialistas. Así, considerou que o goberno de Sánchez está a actuar con "soberbia" na súa xestión. A "mesma" que se produciu, ao seu xuízo, no congreso do PSdeG co nomeamento de Carmela Silva como presidenta.

"Salpicada por un caso de grave de corrupción", recalcou a este respecto despois de que o Tribunal Supremo confirmase a condena a máis de cinco anos de cárcere para un funcionario vigués que promoveu a contratación da cuñada de Silva nunha concesionaria municipal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta