CCOO eleva a un 70% o apoio na segunda xornada de folga de otorrinos do CHUS e cifra en 60 as consultas anuladas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2021 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

Comisións Obreiras destacou que a segunda xornada de folga no Servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universtario de Santiago (CHUS) tivo un seguimento do 70 por cento e foron suspendidas unhas 60 consultas.

Así o informou nun comunicado de prensa CCOO, no que indica que a segunda xornada de folga neste servizo deste venres 10 de decembro contou "cun seguimento maioritario do paro, secundado polo 70% do servizo".

Este sindicato insta á Xerencia da área Sanitaria de Santiago e Barbanza a solucionar un problema do que, insiste, "ten coñecemento desde hai medio ano". Segundo os datos facilitados por esta central sindical, nos dous días de paro xa celebrado --o pasado día 1 e o 10-- suspendéronse pola folga "130 consultas", sobre 70 a primeira xornada e 60 este venres. Ademais, lembra que o vindeiro luns día 13 o Servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS volve estar chamado á folga, que terá continuidade os días 21 e 29.

A Federación de Sanidade de CCOO reitera que "existe un conflito polo tratamento persoal e profesional entre o xefe de servizo e a maioría dos facultativos, que foi aumentando en número de traballadores afectados". Ademais, denuncian "faltas de respecto, humillacións e menosprecios". E este sindicato apunta, así mesmo, un "caos organizativo" que atribúen ao xefe de servizo.

No inicio das xornadas de folga, a Xerencia explicou que desenvolveu "un labor de intermediación intensa desde o inicio das desavinzas internas entre os profesionais do servizo".

No entanto, por parte desta administración sanitaria aseguraron que "ante a falta de acordo entre os profesionais" a Xerencia elevou "a situación" ao servizo de Inspección da Consellería de Sanidade.

Otorrino nun hospital
Otorrino nun hospital | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta