Catrocentos empregos poderían perderse se se aplican as cotas de pesca en 2022, segundo un estudo da USC

O estudo, elaborado polo Grupo de Investigación en Economía Pesqueira e dos Recursos Naturais da USC, fala dunhas "rebaixas" nas posibilidades de pesca para a pescada, o xurelo e o rape que suporían perdas acumuladas de 70 millóns de euros e máis de 700 postos de traballo desde o ano 2019.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 10/12/2021 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

Un estudo elaborado por un grupo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) apunta a que o próximo ano a frota galega sufrirá perdas por 34 millóns de euros, así como a destrución de case 400 empregos, se finalmente prospera a proposta de cotas de captura da Unión Europea para 2022. En total, de acordo co mesmo informe, o buraco no sector pesqueiro de Galicia ascendería a máis de 70 millóns de euros desde 2019.

Trátase dun documenbto que foi analizado este venres no Consello da Xunta, xa que foi a Consellería do Mar a institución que o encargou. Estes datos xa foron remitidos á Comisión Europea, ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e á Xunta de Andalucía --goberno autonómico que exerce actualmente a representación das counidades-- tal e como avanzou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa.

O estudo, elaborado polo Grupo de Investigación en Economía Pesqueira e dos Recursos Naturais da USC, fala dunhas "rebaixas" nas posibilidades de pesca para a pescada, o xurelo e o rape que suporían perdas acumuladas de 70 millóns de euros e máis de 700 postos de traballo desde o ano 2019.

O maior impacto, de acordo con este informe, correspóndese á frota dedicada á pescada, cun buraco de 23 millóns de euros e máis de 200 empregos para 2022. Os portos máis prexudicados polas cotas nesta especie serían os de Celeiro e Burela.

En canto ao xurelo, as propostas de capturas para o próximo ano suporían un descenso na facturación duns 8 millóns de euros con respecto a 2021, mentres que os empregos destruídos ascenderían a 126, segundo o mesmo estudo. Os peiraos con maior impacto serían os de Portosín, Malpica e Camariñas.

De igual modo, no que respecta ao cero, as perdas serían de 2,6 millóns de euros e medio centenar de postos de traballo. Neste caso, os prexuízos estarían moi concentrados na frota arrastreira de Vigo. Con estes datos encima da mesa, Feijóo recoñeceu en rolda de prensa a "preocupación" da Xunta pola "falta de resposta" ante as súas reivindicacións tanto a nivel estatal como comunitario. "Se cadra á UE non lle interesa a pesca, se cadra o Goberno de España considéraa unha materia menor, pero para nós é un dos alicerces da nosa economía", apuntou o presidente galego.

Frota amarrada en Vigo polo temporal. EUROPA PRESS - Arquivo
Frota amarrada en Vigo polo temporal. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta