O orzamento da UDC para o próximo ano será o maior da historia desta universidade

Contará o próximo ano cun orzamento de 147,93 millóns, un 7,98% máis.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/12/2021 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

O orzamento da Universidade da Coruña (UDC) para o próximo ano elévase a 147,93 millóns de euros, un aumento do 7,98% con respecto ás contas en curso. Ademais, supón a maior contía da historia desta universidade, informa o reitorado coruñés.

O vicerreitor de Economía e Planificación Estratéxica, Domingo Calvo, explicou, na sesión de Claustro, as liñas xerais orzamentarias para o exercicio de 2022, que foron aprobadas polo 95% dos claustrais, sen ningún voto en contra.

Estas liñas concretaranse no proxecto de orzamento que se presentará este mes en Consello de Goberno e, posteriormente, terá que ser aprobado polo Consello Social para que entre en vigor.

"Presentar un orzamento tan elevado é unha moi boa noticia sobre todo nun escenario de incerteza como o actual", valorou o vicerreitor. Previamente á presentación das liñas xerais, o reitor abriu o Claustro presentando o seu informe, abordando, entre outras cuestións, a negociacion do plan de financiamento do sistema universitario galego.

Claustro da UDC. UDC
Claustro da UDC. UDC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta