O PP rexistra a petición de pleno extraordinario para reclamar a dimisión de Silva

Acusan á presidenta da Deputación de Pontevedra de "esconderse".

Por E.P. | PONTEVEDRA | 10/12/2021 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O PP rexistrou formalmente a petición para a convocatoria dun pleno extraordinario no que os populares quierene reclamar a dimisión da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, tras a sentenza do Supremo que condena a un ex alto funcionario do Concello de Vigo que enchufó á cuñada da mandataria provincial.

Co obxectivo de que Silva "asuma a súa responsabilidade", o portavoz do grupo provincial do PP, Jorge Cubela, e o resto de deputados na corporación rexistraron a solicitude este venres na sede da Deputación pontevedresa.

"Seguimos esixindo explicacións e responsabilidades políticas ante un silencio que é atronador e de todo inexplicable", sinalou a deputada Pepa Pardo, que censurou as "ameazas" que, din, chegaron na xornada do xoves da man do deputado socialista Carlso López Font, en quen o PP asegura que Carmela Silva se está escondendo para "non dar a cara".

"Non imos calar e seguiremos esixindo explicacións e responsabilidades políticas alá onde sexa necesario. É incomprensible este silencio nun estado democrático, por parte dunha responsable política e ante un caso tan grave como o que acaba de ratificar o Tribunal Supremo", aseverou o popular.

Nesta liña, Pardo incidiu en que "por respecto institucional e por dignidade política" Carmela Silva debe "dar unha explicación ao respecto" posto que "non cabe na cabeza de ninguén" que a recentemente nomeada presidenta do PSdeG "non soubera que a súa cuñada estaba a cobrar sen traballar do erario público de todos os vigueses"

"Pídolle que, xa que presume de ser unha abanderada da igualdade, que alce a súa voz para dar as explicacións pertinentes, e que asuma a súa responsabilidade política nesta trama. Non nos esquezamos de que en democracia a oposición pregunta e o goberno responde", incidiu a deputada do PP.

Deputados do PP de Pontevedra rexistran a petición de convocatoria dun pleno extraordinario para pedir a dimisión de Carmela Silva. PP
Deputados do PP de Pontevedra rexistran a petición de convocatoria dun pleno extraordinario para pedir a dimisión de Carmela Silva. PP | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Velaí as democráticas explicacións da "Señora" de Toralla : https://vigohoy.es/carmela-silva-la... Remite ás explicacións dadas por López Font a rata que obrigou a manter falso testimonio a un policía local durante 3 anos contra Diego no conflito do Barco Alfageme ! As ratas críanse xuntas !