Pontón pide unha lei de comercio local que permita "regular horarios e períodos de rebaixas"

Chama a "consumir produto galego" para "xera riqueza e emprego e oportunidades no país".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2021 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou unha lei de comercio local galega que permita "regular horarios e períodos de rebaixas", así como máis liñas de axudas para este tipo de comercio xunto cunha moratoria de grandes superficies.

Pontón acudiu este luns ata a tenda Boles Artesanía Útil para arrincar unha nova campaña de apoio ao comercio local e chamar a "consumir produto galego", que "xera riqueza e emprego e oportunidades no país", ademais de ser unha "aposta por unha menor pegada ecolóxica". "Sabemos a importancia de facer unha compra sustentable, o apoio ao produto do noso país e hai que consumir no comercio local porque é un elemento crave" para o desenvolvemento.

Ademais dunha "responsabilidade individual", Pontón destacou que apostar pola compra próxima é "unha garantía de produto de calidade e de dinamización das cidades e vilas" galegas.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta