A cantante ARiMagritte presenta en Santiago o seu primeiro disco

Será ás 19,00 horas deste martes na Reixa Tenda.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/12/2021 | Actualizada ás 18:12

Comparte esta noticia

'Oráculo', o primeiro disco da cantante ARiMagritte, preséntase ao público no seu formato físico este martes, 14 de decembro, ás 19,00 horas na Reixa Tenda.

O escritor Javier Pena, que colaborou na revisión dos textos de 'Oráculo', será o encargado de conducir esta presentación, que incluirá un miniconcierto con algúns temas.

A esta minixira galega de presentación, que arrincou en setembro en Vigo e pasou tamén pola Guarda, sumouse Bodegas Marqués de Vizhoja, que achega o viño co que brindar polo novo disco.

Durante a presentación, ARiMagritte avanza que explicará a historia deste 'Oráculo', a orde de apertura do estoxo, os segredos que agocha no seu interior e en que consiste o seu funcionamento oracular. Tamén falará do proceso de creación.

ARiMagritte presenta o seu primeiro disco
ARiMagritte presenta o seu primeiro disco | Fonte: ARiMagritte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta