Galicia queda este martes baixo as influencias das altas presións, con tempo seco e posibles néboas matinais

As temperaturas máximas non experimentarán cambios significativos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2021 | Actualizada ás 10:12

Comparte esta noticia

Galicia permanecerá este martes baixo a influencia das altas presións, e espérase unha xornada de tempo seco e asollado, aínda que con posibles bancos de néboa matinais.

Segundo a información facilitada por Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, os bancos de néboa serán máis probables en vales do interior, e poden ser localmente persistentes.

As temperaturas non sufrirán cambios significativos no que respecta ás máximas, mentres que as mínimas poden experimentar un lixeiro ascenso. Así, os termómetros oscilarán entre os 18 graos de máxima previstos en Vigo, Pontevedra ou Ferrol; e os 15 graos de máxima que se esperan en Lugo ou Santiago.

O vento soprará moi frouxo, de compoñente Leste.

Mapa das previsións meteorolóxicas para o martes 14 de decembro de 2021, segundo Meteogalicia.. METEOGALICIA
Mapa das previsións meteorolóxicas para o martes 14 de decembro de 2021, segundo Meteogalicia.. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta