Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2021 | Actualizada ás 13:22
Os casos da variante ómicron elévanse a 12 en Galicia, tras confirmarse tres novos na área de Vigo, segundo informou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia ante os xornalistas na visita ao centro de saúde dos Mallos. Estes tres novos positivos súmanse ao nove confirmados nas últimas horas, deles seis na área sanitaria da Coruña e Cee e outro tres tamén na de Vigo. Ademais, segundo informou a Consellería de Sanidade no transcurso da tarde, hai outros seis casos en estudo na área sanitaria de Santiago.
Deles, indicaron que non teñen relación coa persoa que viaxou a África, "nin, nun principio, entre eles". "Está a investigarse", apuntaron. Por outra banda, ratificaron que un dos casos secuenciados en Vigo "non ten que ver tampouco coa persoa que viaxou a África" polo que precisaron que isto supón que haxa "varios brotes".
Os dous primeiros casos desta cepa -- un deles, dunha persoa que viaxara a África-- foron anunciados o pasado venres polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
"A variante avanza", recoñeceu o conselleiro, quen, por iso, considerou que hai que estar "máis atentos". "Hai que lanzar unha mensaxe de preocupación co desenvolvemento desta variante de maneira rápida", admitiu, apelando, para reducir contaxios, á responsabilidade individual.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.