A Xunta reparte 7 millóns de euros nun novo convenio coas universidades galegas

Servirán para adquirir e mellorar equipos e instalacións científico-técnicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2021 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

O Goberno galego e as tres universidades públicas subscribiron un acordo de colaboración que suporá unha inxección de sete millóns de euros por parte da Xunta para a adquisición e mellora de equipos e instalacións científico-técnicas nos diferentes campus ao longo deste ano.

Esta dotación abarcarán elementos tecnolóxicos que non recollen as convocatorias de financiamento impulsadas polo Goberno central, en particular o Ministerio de Ciencia, ao tratarse de bens que se sitúan por baixo dos 500.000 euros. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibirá 3.263.642 euros. Entre as actuacións principais destacan os 484.000 euros para a dotación do hospital veterinario universitario Rof Codina no Campus de Lugo, con equipos de ecografía para anestesia e oftalmoloxía, torre de videoendoscopia dixital, máquinas de anestesia e ecógrafos para equinos ou equipamento para quimioterapia.

Así mesmo financiarase unha serie de equipamento informático e técnica específica en varias facultades como as de Óptica e Optometría, Enxeñarías, Veterinaria, Enfermaría, Matemáticas, Xeografía e Historia, Farmacia, Ciencias da Educación, Formación do Profesorado, Bioloxía, Psicoloxía, Ciencias Sociais e Políticas, entre outras.

A Universidade de Vigo (UVigo), que recibirá 2.766.817 euros, dedicará 1,4 millóns de euros ao equipamento tecnolóxico dos seus centros de investigación, como sistemas de fabricación, análise e estimulación de novas nanoterapias, termografía de alta velocidade, medidas tecnolóxicas cuánticas, escáner láser portátil, espectometría de emisión óptica de plasma, sistemas de monitorización da calidade da auga ou equipos de comunicación de rede entre outros moitos.

A Universidade da Coruña (UDC) recibirá un total de 917.520 euros para este ano. A institución dedicará este orzamento para adquirir dotación tecnolóxica específica para os seus centros de investigación como proxectos de Intelixencia artificial para a visión por computador, un laboratorio de servizo de localización intelixente, desenvolvemento de pezas especiais en 3D, túnel de vento aerodinámico, instrumentos de apoio á calibración, ou brazos robóticos.

No caso concreto do Campus Industrial de Ferrol, o primeiro acreditado co selo de Campus de Excelencia do Sistema Universitario Galego, destinarase unha partida de 127.800 euros para a dotación de sistemas innovadores na Escola Politécnica de Enxeñaría, cun simulador de torre de arrefriado para laboratorio de investigación, ou para equipamento de espazos de investigación na Facultade de Enfermaría e Podoloxía e software específico para o grao de Moda e as enxeñarías.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o tres reitores das universidades públicas galegas.. XUNTA
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o tres reitores das universidades públicas galegas.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta