Todos os centros de saúde terán un sistema para responder chamadas perdidas

O obxectivo é resolver a totalidade das chamadas perdidas en menos de dúas horas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/12/2021 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

A Xunta prevé que en 2022 todos os centros de saúde de Galicia, case 500, conten cunha ferramenta tecnolóxica que permitirá recuperar chamadas perdidas e dar resposta así a pacientes que non puideron contactar co respectivo centro.

Centro de saúde, atención primara
Centro de saúde, atención primara | Fonte: Europa Press.

Así o indicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa visita ao centro de saúde dos Mallos, na Coruña, que foi pioneiro na implantación deste sistema, a principios deste ano e, onde se logrou "unha media de rechamada de 25 minutos" desde que o usuario contacta co centro ata que se lle devolve a chamada.

O conselleiro explicou que se trata do sistema CRM100, que xa está implantado en 35 centros de saúde, aos que se se sumarán outros cinco esta semana e, así, de maneira progresiva, co obxectivo de que a totalidade deles conten con este sistema o próximo ano.

"É unha ferramenta que superou todas as expectativas", indicou o conselleiro, que apuntou que o obxectivo é resolver a totalidade das chamadas perdidas en menos de dúas horas e, a través dun sistema, que permite especificar o tipo de chamada que se fixo: se foi por unha receita, por unha urxencia ou por unha consulta, entre outros motivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta