"Saudade", unha palabra galega única no mundo

Hai verbas semellantes en Albania, Alemania, Romania, Mongolia ou Finlandia, pero ningún significado é tan fondo ou expresivo coma o da nosa lingua.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 02/04/2014 | Actualizada ás 10:20

Comparte esta noticia

"Anhelo ..." "O amor que permanece", "Suspirando polo amor perdido", "Un sentimento complexo que involucra valores románticos ... ou unha clara sensación de nostalxia." Estas son as respostas que recibiu a xornalista Nicole Akoukou Thompson da web latinpost.com cando preguntou sobre a vocablo galego-portugués, intraducible ao inglés, "Saudade".

Saudade
Saudade

Hai numerosas palabras distintas que non teñen equivalentes noutras linguas, como o "Zhaghzhagh" (persa): o movemento dos dentes polo frío ou a ira; "Iktsuarpok" (Inuit): o sentimento de anticipación que fai que un olle para fora a ver se alguén chega; "Dépaysement" (francés): a sensación que un ten de non estar no seu país natal; "Goya" (Urdu): a incredulidade ou sorpresa que xurde durante unha boa historia ou "Sobremesa" (español): o tempo que se pasa, despois do xantar ou a cea, falando coa xente coa que se compartiu unha comida.

Pero ningunha delas ten a connotación da verba "saudade", unha expresión que só os galegos e os portugueses podemos entender en todo o seu contexto e que evoca unha nostalxia, fonda melancolía ou unha lembranza. A "saudade" xa ten un espazo na literatura e a música de Cabo Verde, Brasil, Portugal e outras nacións galego-portuguesas. De feito, o escritor portugués Manuel de Melo define esta palabra como: "un pracer sufrir, unha doenza que lle guste". E é na poesía e na música onde ten a súa maior expresividade.

Saudade na música e na poesía

Así, a saudade é o tema de letras dalgunhas cancións de artistas como Gilberto Gil, Antonio Carlos Jobim, Joao Gilberto, Amalia Rodrigues, Luciana Souza, Luar na Lubre ou Andrés Lapique do Barro. Nas súas letras foron quen de captar matices que só os galegos e portugueseses podemos apreciar e que se remonta ao século XIII. 

Poetas desde a época do rei Denis de Portugal ata a actualidade escribiron cantos á saudade. Unha saudade que levaron os emigrantes alá por onde marcharon. 

Hai palabras noutros idiomas pero non significan o mesmo. Así están a palabra albanesa alameda; a xermana Wehmut; a romanesa dor; a mongol betgerekh ou a palabra finlandesa Kaiho. Pero ningunha delas ten a expresividade e o sentimento que transmite saudade. A saudade dunha fonda pegada no corazón, da tristeza total, da enfermidade emocional, dun pensamento agridoce, anhelo penetrante ou un desexo de recuperar a memoria, a paixón, o fervor, o amor ou aquelo que xa non está ou está e non podemos conseguir. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Alberto R

E logo morriña? Non son filólogo,pero saudade semella máis portuguesa que galega.

1 Cachuzo

Non significan o mesmo saudade e morriña. Que che pareza mais portuguesa que galega é probabelmente debido a que ten un uso mais literario do que coloquial.