Adif homenaxea a Pardo Bazán no centenario do seu falecemento cunha placa na estación da Coruña

Na homenaxe destacaron a particular relación da novelista co ferrocarril na súa obra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2021 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

Adif homenaxeou á escritora Emilia Pardo Bazán no centenario do seu falecemento cun acto de recordo e o descubrimento dunha placa na estación de ferrocarril da Coruña. O acto contou coa presenza do subdirector de Estacións Noroeste de Adif, Víctor Barrós, que agradeceu a colaboración da Fundación Lázaro Galdiano e da Fundación de los Ferrocarriles Españoles.

Na homenaxe destacouse a particular relación da novelista co ferrocarril ao longo das súas novelas e libros de viaxes, así como o protagonismo nos seus escritos da súa cidade natal, A Coruña, á que converteu en 'Marineda' na súa obra.

Emilia Pardo Bazán, considerada unha das escritoras máis destacadas da historia de España e a mellor novelista do século XIX, naceu na Coruña en 1851 e faleceu en 1921.

Ademais da brillantez das súas novelas e contos, escribiu libros de viaxe, poesía e obras dramáticas, así como numerosas colaboracións xornalísticas. A súa presenza foi constante na España do seu tempo, reivindicando simultaneamente a capacidade da muller de destacar nos principais ámbitos sociais e profesionais.

Adif homenaxea a Pardo Bazán no centenario do seu falecemento. ADIF
Adif homenaxea a Pardo Bazán no centenario do seu falecemento. ADIF | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta