O comité de Xeal denuncia que a empresa deixa sen convenio colectivo aos traballadores

Segundo sinala nun comunicado, a empresa rompeu as negociacións de maneira unilateral. Demanda á Xunta "que deixe de ser cómplice destes ataques".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2021 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Xeal denuncia que a empresa "rompe as negociacións de maneira unilateral" e "deixa sen o convenio colectivo propio" aos traballadores". Segundo sinala nun comunicado, isto ocorreu nunha reunión este martes no Consello Galego de Relacións Laborais e Xeal "xa anunciou que non recoñece dereitos sociais consolidados no convenio colectivo, como o lote de nadal".

Esta decisión, apunta, supón "un paso máis na deterioración progresiva que viven as fábricas de Cee e Dumbría desde a chegada hai dous anos do fondo de investimento TPG-Ithaka".

Ante isto, o comité convocou asembleas de traballadores para este xoves ás 10,00 horas na planta de Brens e ás 12,00 horas na de Dumbría. Pola tarde haberá outra con persoal xubilado e pasivo, no Concello de Cee. Entre outras medidas, o comité, que chamará á mobilización, estuda "todas as accións sindicais e xudiciais para garantir o mantemento do convenio de empresa". Demanda á Xunta "que deixe de ser cómplice destes ataques".

Protesta convocada polo comité de Xeal. COMITÉ XEAL
Protesta convocada polo comité de Xeal. COMITÉ XEAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta