Como é o presente e pode ser o futuro da lingua galega

A CTNL celebra os seus 25 anos cunha serie de conversas que se subirán na súa canle de YouTube.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/12/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Por mor da celebración dun cuarto de século traballando o labor técnico da normalización lingüística, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua organiza unha serie de conversas informais online nas que analizarán o acontecido nestes 25 anos. As cinco conversas, tal e como explican dende a asociación, estrearanse na canle de YouTube da CTNL ás 21.00 h entre os días 15 e 19 de decembro. Hoxe estrearase a primeira, aínda que xa adiantaron unha pequena pílula:

Cartel da CTNL polo seu 25 aniversario.
Cartel da CTNL polo seu 25 aniversario. | Fonte: remitida

Nesas cinco conversas, que serán conducidas pola xornalista e escritora Rosa Aneiros, diversas persoas que pasaron pola directiva e con diferentes perfís profesionais e antigüidade na asociación analizarán varios aspectos do percorrido da entidade.

Segundo expoñen dende a asociación, os obxectivos destas pezas son: difundir e pór en valor o labor da CTN, facer unha panorámica das chaves sociolingüísticas que caracterizaron estes 25 anos e eflexionar sobre o futuro da normalización lingüística como proceso social e como ámbito de traballo.

Na primeira conversa, que se estreou este mércores ás 21:00, analizararonse as orixes e os primeiros anos da CNTL. Nela participaron Soco García Conde, técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago de Compostela, fundadora e primeira presidenta; Marta Souto González, técnica de normalización lingüística do Concello de Vigo e socia fundadora, e Daniel Romero Rodríguez, xestor de actividades culturais e de normalización lingüística do Concello de Fene.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta