Profesores do programa 'Arco' para alumnos con necesidades especiais buscan 4.000 firmas para a súa continuidade

Piden a ampliación dos seus contratos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2021 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

O profesorado do programa Arco, que o día 21 terminará a súa estancia nos centros de ensino, solicitou case 4.000 firmas a favor da súa continuidade en colexios e institutos a través da plataforma Change.org.

Este colectivo reclama á Consellería de Educación a ampliación dos seus contratos para "poder seguir axudando ao alumnado con necesidades especiais".

A campaña en change.org.
A campaña en change.org.

"Sen nós, este alumnado queda abandonado. O cociente nas aulas fai que a estes nenos non se lles poida atender como cómpre", advirten nun comunicado.

Por iso, subliñan que o seu labor é "fundamental" e anuncian unha "posible folga de memorias". "A Xunta non pode abandonar ao alumnado con necesidades", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta