Temas: MúSICA

O músico galego Juan Eiras gaña un importante concurso internacional de composición

A obra "Beltane, memory of the fire" do galego Juan Eiras resultou gañadora no Concurso Internacional de Composición para Música de Cámara Arturo Dúo Vital convocado pola Fundación Botín. Resultou elixido entre 105 partituras de compositores de 12 países. A peza será estreada no 63 Festival Internacional de Santander.

Por Gc Tendencias | Santander | 02/04/2014 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O xurado, formado por compositores de sona, o pianista e musicólogo Luciaano González Sámano e Andrea Portera, gañadora na edición anterior, fallou a favor do compositor galego por unanimidade. Os motivos dados son a orixinalidade da obra, a depurada técnica e o alto nivel compositivo.

Xurado do Premio Internacional de Composición
Xurado do Premio Internacional de Composición

O premio resulta dobremente especial xa que este ano se celebra o 50 aniversario do falecemento do compositor Arturo Dúo Vital, quen dá nome ao concurso. Dito certame forma parte do apoio da Fundación Botín á creación musical, xunto ao Concurso Internacional de Composición Pianística Manuel Valcárcel, promovido pola mesma entidade.

Perfil

Juan Eiras Tojo (Vigo 1977) é un dos novos talentos musicais de Galicia con maior proxección, incluído na denominada Xeración Sensible de compositores galegos. As súas obras foron interpretadas polas máis importantes agrupacións de Galicia e España, ademais de escoitarse en países como Portugal, Italia, Francia ou Xapón.

Juan Eiras recibiu abondosos galardóns. Entre eles destacan o Premio Andrés Segovia-José Miguel Ruíz Morales na edición 2009 do curso universitário “Música en Compostela” ou o II Concurso de Composición para Bandas de Música Populares, tamén en 2009.

A súa obra Samhain foi selecionada em 2012 para formar parte do repertorio do grupo instrumental  PluralEnsemble, tras gañar a "Convocatoria para Jóvenes Compositores".

En 2013 a Fundación Autor (SGAE) en colaboración coa Asociación Española de Orquestas Sinfónicas concédelle una bolsa para escribir una peza para a Real Filharmonía de Galicia.

Esta peza, titulada Old sailor´s room será estreada o próximo 22 de maio no compostelano Auditorio de Galicia, compartindo programa con Falla e Tchaikovski. A estrea será a cargo da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave. A Real Filharmonía repetirá programa ao día seguinte, 23 de maio no Auditorio Municipal de Ourense

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta