O sector do mexillón de "secuestrar a cría de mexillón" e "pór en perigo a próxima campaña"

Acusa a Xunta de non querer ningún tipo acordo para solventar os problemas cos percebeiros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2021 | Actualizada ás 21:54

Comparte esta noticia

O sector do mexillón censura que "ningún tipo de acordo é posible" no conflito aberto cos 'percebeiros' ante a "cerrazón" da Xunta. Tras o encontro convocado este mércores pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, o sector 'bateeiro' tachou de "auténtico fracaso" esta reunión, xa que "o resultado final superou as peores expectativas".

Nun comunicado, as principais entidades do sector mexilloeiro reproban que "a inexplicable cerrazón da Consellería do Mar está a levar a unha situación límite". "É incompresible citar aos representantes do mexillón galego a unha reunión de man tendida para logo comunicarlles que das últimas disposicións non se pensa mover nin un pouco", critican.

Así, os 'bateeiros' lamentan que a Consellería "secuestrou a cría de mexillón" e "está a pór en perigo a próxima campaña". Remarca que pedía "anular ou suspender unha medida arbitraria e inxusta", en referencia á orde que establece as zonas de extracción para os percebeiros.

Cordas con nailon para engordar os mexillóns nas bateas
Cordas con nailon para engordar os mexillóns nas bateas | Fonte: MN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta