O Rei presidirá a inauguración do AVE a Galicia 20 anos despois de iniciadas as obras

Nese tempo pasaron seis ministros, catro presidentes do Goberno e numerosas datas e adiamentos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 11:19

Comparte esta noticia

O Rei Felipe VI presidirá a inauguración da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia o vindeiro luns, nunha viaxe no que participarán o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez.

En concreto, está previsto que o tren AVE chegue á estación da Gudiña-Porta de Galicia ás 11,38 horas, tras saír ás 9,45 horas de Madrid e parar ás 10,49 horas en Zamora.

Na Gudiña, o Rei descubrirá unha placa conmemorativa. Despois, haberá un acto institucional en Ourense, ás 12,35 horas, que incluirá a proxección dun vídeo e intervencións institucionais.

Tras vinte anos de obras, seis ministros, catro presidentes do Goberno e numerosas datas e adiamentos para a súa culminación, a viaxe inaugural do AVE será a antesala do inicio dos servizos comerciais, a partir do martes 21, cos que Galicia quedará conectada con Madrid a través de alta velocidade a próxima semana.

Tren Ave
Tren Ave | Fonte: renfe.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

Lembremos que moi poucos paises do mundo teñen alta velocidade ferroviaria: En toda América ( mesmo USA) non existe. E que entre Sanabria e Ourense polo menos a terceira parte do percorrido é en túnel, co do Padornelo duns seis kilómetros de longo. Asturias, Cantabria, Pais Vasco, Rioja, Murcia e Extremadura non teñen alat velocidade ferroviaria.