Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/12/2021 | Actualizada ás 10:00
As festas de Nadal están para celebralas e disfrutalas cos amigos e coa familia. "É un mes de celebracións, comidas de empresa e cenas familiares que a miúdo acaban repercutindo negativamente no noso físico e, o que é peor, na nosa saúde", explica Gympass, unha plataforma de benestar corporativo.
Os excesos prolongados no tempo soe producir empachos ou doencias aínda máis graves. Para esta tempada, un dos obxectivos é disfrutar das comidas de Nadal sen comprometer a nosa saúde. Para iso, Gympass comparte unha serie de consellos a seguir durante as vacacións.
En primeiro lugar non xaxúes antes das comidas ou ceas de Nadal. Moita xente decide non comer nas horas previas para gozar dos manxares que se poñen na mesa. Posteriormente, non deixes de facer exercicio xa que os ximnasios non pechan por Nadal.
Por outra banda, vixila o teu consumo de doces, non recorras a productos envasados e finalmente, non caigas no sedentarismo xa que hai mil opcións para disfrutar das festas e manter certa actividade durante estes días que eviten problemas de saúde máis adiante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.