O Parlamento pide "reforzar" a rede galega de atención temperá para crianzas con trastornos

Reclama que siga "desenvolvendo o Plan Estratéxico de Xuventude" actual.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

Os tres grupos parlamentarios --PPdeG, PSdeG e BNG-- aprobaron este xoves por unanimidade unha proposición non de lei defendida polo Bloque pola que instan a Xunta a "ampliar e reforzar" a rede galega de atención temperá para atender a infancia menor de seis anos con trastornos.

A iniciativa foi presentada polo Grupo do BNG na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento galego, defendida pola deputada Olalla Rodil, quen celebrou o acordo. O PP presentou unha emenda de substitución, que foi aceptada.

O BNG defende que este fortalecemento da rede galega de atención temperá "deberá estar debidamente orzado e calendarizado". Rodil, explicou a súa formación nun comunicado de prensa, celebrou este acordo parlamentario "en toda a súa extensión" e, de maneira especial, en garantir a atención temperá para todos os nenos de 0 a 6 anos que a necesiten".

PLAN DE XUVENTUDE

Por outra banda, na mesma comisión, unicamente cos votos do PP a favor, aprobouse unha proposición non de lei do Grupo do PPdeG para que a Xunta siga "desenvolvendo o Plan Estratéxico de Xuventude".

A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, en rolda de prensa. BNG
A viceportavoz parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, en rolda de prensa. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta