A Deputación de Pontevedra publicará un libro sobre o aprendido na Facultade Ágora

Búscase divulgar coñecemento sobre como se debe recuperar o espazo público para as persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2021 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra vai publicar un libro con todas as conclusións e conferencias dos case medio centenar de relatores da Facultade Ágora para divulgar coñecemento sobre como se debe recuperar o espazo público para as persoas. O deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez, fixo este anuncio durante o acto de clausura da Facultade, no que se graduaron 124 persoas co título de 'técnicas Ágora'.

Na xornada, celebrada no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, estiveron presentes a presidenta da Deputación, Carmela Silva; o vicepresidente, César Mosquera; o alcalde de Pontevedra e presidente da Rede de Cidades que Camiñan, Miguel Anxo Fernández Lores; a secretaria técnica da entidade, Ana Montalbán; ademais do director xeral de Axenda Urbana e Arquitectura do Ministerio de Transportes e padriño da Facultade, Iñaqui Carnicero, por vía telemática.

O acto de clausura da Facultade Ágora puxo en valor a formación de persoal técnico especialista na recuperación do espazo público. "Temos que desenvolver eses principios, pór as persoas primeiro", dixo Benítez, que destacou que, agora mesmo, grazas á Deputación, xa hai 32 proxectos en redacción, 8 obras en execución por subvencións Ágora, así como 13 grandes iniciativas do Reacpon que seguirán os principios desta iniciativa.

O nacionalista subliña que a experiencia do curso 2021 da Facultade, a pesar de ter que facer os seminarios formativos vía telemática pola covid, foi "moi positiva, necesaria e innovadora e diferente".

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva | Fonte: Deputación de Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta