Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/12/2021 | Actualizada ás 11:10
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, acompañará ao Rei Felipe VI na inauguración este luns, 20 de decembro, do novo tramo entre Pedralba de la Pradería e Ourense que completa a Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia.
Na viaxe inaugural desprazaranse tamén a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, e a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, e, segundo informa o Goberno, os presidentes autonómicos de Castela e León e Galicia, Alfonso Fernández Mañueco e Alberto Núñez Feijóo, incorporaranse ao traxecto en senllas paradas en Zamora e na Gudiña, respectivamente.
O tren partirá da estación de Madrid-Chamartín-Clara Campoamor ás 9,45 horas do luns 20, con paradas en Zamora e A Gudiña-Porta de Galicia, onde se descubrirá unha placa na plataforma con motivo da inauguración desta estación. O final do traxecto está previsto ás 12,26 horas na estación de Ourense, onde se celebrará un acto institucional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.