Galicia conta con máis de 7.000 establecementos de empresas radicadas fóra da comunidade

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2021 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Galicia conta cun total de 7.371 establecementos en 2019 de empresas radicadas fóra do país, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Esta cifra supón 181 establecementos menos que os que había en 2018 con actividade en Galicia e sede social fora da comunidade. Sobre o total de establecementos, o 93,4% dedícase a tarefas relacionadas con prestación de servizos, mentres que o 6,6% restante enmárcase no sector industrial.

Así, dan traballo a 137.486 asalariados, o 80,5% en sector servizos e o 19,5% en industria. Hai unha baixada do 1,5% entre 2018 e 2019.

A cifra de negocio xerada por empresas multilocalizadas alcanza os 23 millóns de euros en 2019, un 2,2% menos que o ano anterior. Esta variable está máis repartida entre servizos (56,2%) e industria (43,8%). Os gastos de persoal elévanse a máis de 4 millóns, un 5,9% máis que en 2019.

Varios traballadores dunha empresa de ferros - Europa Press - Arquivo
Varios traballadores dunha empresa de ferros - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta