Pontón avisa á Xunta: "non se pode combater a pandemia recortando na sanidade pública"

A líder do Bloque cargou contra os orzamentos de 2022.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2021 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avisa á Xunta de que "non se pode combater" a pandemia do coronavirus "recortando na sanidade pública".

A preguntas da prensa este venres en Santiago, Pontón sinalou que "a pandemia está a demostrar en moitas ocasións que o virus está a ir por diante dos gobernos", polo que "non se pode combater unha situación destas características recortando na sanidade pública e non dotando máis medios para un elemento que é central á hora de poder evitar a expansión do virus", o "que é responsabilidade da propia Xunta".

Avisa de que se deben "seguir mantendo" medidas de precaución, como distancias e máscaras, pero "é evidente que non se pode combater ben unha pandemia se se recorta en atención primaria e non se escoita o que están a reclamar os propios profesionais, que piden máis medios, mais recursos".

Neste sentido, considera que "é unha mala noticia" que os orzamentos galegos de 2022 "recorten precisamente no que máis pode axudar neste momento".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto de homenaxe a Ánxel Casal
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto de homenaxe a Ánxel Casal | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta