Feijóo carga contra "o peor Goberno da historia de España" e erixe ao seu goberno en exemplo

O presidente da Xunta insta a Pablo Casado a trasladar "a responsabilidade" da política galega ao Estado.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 17/12/2021 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, cargou este venres contra o que considera "o peor Goberno da historia de España", á vez que instou ao líder do PP nacional, Pablo Casado, a tomar como exemplo á política galega para levar "a responsabilidade, a serenidade e o acougo" ao panorama estatal.

Feijóo puxo como exemplo a Galicia por ter "un goberno unido" fronte a un Executivo central "dividido e receloso entre si", ademais de que está "en plena campaña electoral, cunha parte do Goberno tentando desgastar á outra parte".

Por todo iso, o líder do PPdeG instou a todos os presentes a prepararse para os comicios municipais de 2023 e ante uns eventuais xerais en 2022. "Todo parece indicar que non vai haber eleccións. En todo caso, calquera o diría vendo os movementos que hai no Goberno", puntualizou.

Así o manifestou Feijóo durante a súa intervención nun acto de partido organizado polo PP da provincia da Coruña en Abegondo, coa presenza de Pablo Casado, que serviu para homenaxear a tres exalcaldes populares falecidos ao longo de 2021: Alfonso Balseiro (rexedor de Mañón), José Antonio Vigo Lado (Valdoviño) e José Ignacio Cabezón (Neda).

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo (i) e o presidente do PP, Pablo Casado (d), saúdanse á súa chegada á última Xunta Directiva Provincial do PP da Coruña de 2021, a 17 de decembro de 2021, na Coruña, Galicia, (España).. M. Dylan - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo (i) e o presidente do PP, Pablo Casado (d), saúdanse á súa chegada á última Xunta Directiva Provincial do PP da Coruña de 2021, a 17 de decembro de 2021, na Coruña, Galicia, (España).. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta