Unha militar falece en Pontevedra por unha parada cardiorrespiratoria durante unhas manobras

Coa súa unidade estaba participando nun exercicio de instrución e adestramento desde o pasado luns 13 de decembro ente as localidades de Santa María de Oia, Barro e Meis, na provincia de Pontevedra; e esta mañá informou dun mareo.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 17/12/2021 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

A soldado do Exército de Terra Elena Santiago, de 35 anos, faleceu este venres dunha parada cardiorrespiratoria despois de estar mal durante a realización duns exercicios de instrución e adestramento en Pontevedra.

A militar formaba parte da Brigada Galicia VII (Brilat) e estaba destinada no Grupo Loxístico VII con sede na Base Xeral Trasfogueiro de Pontevedra, segundo informaron fontes do Exército de Terra.

Coa súa unidade estaba participando nun exercicio de instrución e adestramento desde o pasado luns 13 de decembro ente as localidades de Santa María de Oia, Barro e Meis, na provincia de Pontevedra; e esta mañá informou dun mareo.

Alí mesmo foi atendida polo persoal militar sanitario da unidade que estaba presente na realización do exercicio e trasladada cunha ambulancia militar ao Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez de Pontevedra, onde faleceu pouco despois tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria.

O soldado Elena Santiago Piñeiro ingresou no Exército o 14 de novembro de 2005, tras superar a fase de instrución básica militar no CIMOV Nº 2 de Cádiz foi destinada ao Grupo de Artillaría VII da BRILAT. Posteriormente cambiou o seu destino ao Grupo Loxístico VII da BRILAT.

Durante a súa traxectoria foi condecorada coa Cruz de Bronce da Cruz á constancia no servizo e a Medalla conmemorativa da Operación BALMIS.

Militares . EXÉRCITO DE TERRA - Arquivo
Militares . EXÉRCITO DE TERRA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta