O Parlamento reclama subir as contías dos plans de axudas para a actividade agraria debido á alza de prezos

Esta proposta insta o Goberno galego a solicitar á Comisión Europea e ao Goberno central a habilitación de "fondos especiais" para afrontar o aumento de custos de produción.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2021 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Todo o Parlamento galego pediu, tras unha iniciativa do BNG, subir as contías dos plans de axudas á actividade agraria debido á alza de prezos. Na comisión de Agricultura, Xosé Luís Rivas (BNG) remarcou a "brutal subida" en combustibles, electricidade e materiais de construción que afecta gravemente as explotacións.

Esta proposta insta o Goberno galego a solicitar á Comisión Europea e ao Goberno central a habilitación de "fondos especiais" para afrontar o aumento de custos de produción, así como actualizar o "módulo de prezos en próximas convocatorias de axudas de incorporación á actividade agraria, plans de mellora e pequenas explotacións".

O deputado do BNG celebrou o acordo que cualifica de "paso adiante" na dirección de consolidar a permanencia da actividade agrogandeira, mentres asegura que a realidade rural precisa de maneira urxente medidas impulsen e potencien o seu desenvolvemento económico e social.

Remarca que a convocatoria de axudas de incorporación á actividade agraria, plans de mellora e pequenas explotacións foron presentadas a tempo, pero antes destes incrementos que fan "inviable" a mellora solicitada ou as obras de inicio de actividade.

Ademais, expón que as peticións de novas incorporacións solicitas en febreiro de 2020 "non se empezaron a resolver ata xuño de 2021", ao que sumou o incremento de prezos.

POXA DIXITAL

Por outra banda, o Parlamento aprobou unha proposición non de lei, do PPdeG, na que se insta á Xunta a pór en marcha unha poxa dixital de gando vacún.

"Este tipo de lonxas non pretenden substituír os procedementos actuais de venda, pero ofrecen unha sólida canle alternativa con vocación de consolidación no futuro", expón a portavoz popular de Medio Rural, Elena Candia.

Incide en que "un do aspecto a mellorar é a realización das poxas de gando vacún, nas que se esixe a presenza física dos animais, que, no caso de non ser vendidos, volven á explotación de orixe, o que implica un custo importante para o gandeiro, tanto desde a perspectiva temporal como económica, ademá dun prexuízo materializado nos bens dos animais".

O Parlamento de Galicia comprométese cos dereitos da infancia e adolescentes
O Parlamento de Galicia comprométese cos dereitos da infancia e adolescentes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta