Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/12/2021 | Actualizada ás 19:13
O incendio rexistrado no parque natural do Xurés, iniciado con sete focos simultáneos, quedou controlado na tarde deste venres.
A Consellería de Medio Rural informa de que este lume no municipio de Calvos de Randín --parroquia de Randín-- comezou ás 17,08 e está controlado desde as 19,01 horas.
Segundo as estimacións provisionais, este lume afecta a unha superficie aproximada de tres hectáreas. Traballan dous axentes, catro brigadas e dúas motobombas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.