Sorteos e 'rascas' para incentivar o comercio local en Allariz

A concellería de Promoción Económica, Comercio e Turismo, presentou este venres 17 a campaña "Os rascas de Allariz", unha iniciativa que se une aos sorteos do Mercado Da Reserva e do 'Peto dos Desexos' para premiar as compras de Nadal na vila.

Por X.M. Fernández | Allariz | 17/12/2021 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

A través da campaña "Os rascas de Allariz", puxéronse en circulación 6000 rascas con 1500 euros en premios. Por cada compra maior de 30 €,  a persoa que merque no comercio adherido a campaña poderá gañar premios directos de 25 € para gastar no comercio no que lle tocou.

Os Rascas de Allariz. Foto: Concello de Allariz.
Os Rascas de Allariz. Foto: Concello de Allariz.

Para participar tan só hai que mercar nos 36 establecementos que participan nesta campaña que durará ata que se esgoten os rascas. As persoas agraciadas cun dos 60 rascas con premio terán para facer uso del ata o 31 de xaneiro de 2022.

Esta iniciativa complementa a que impulsan os produtores do Mercado Da Reserva xunto co Concello de Allariz premiando a fidelidade dos clientes que merquen durante o Nadal no devandito Mercado. Dez pequenas empresas locais poñen á venda os seus produtos no Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz todos os sábados podendo atopar nel produto de proximidade, elaborado no territorio e de alta calidade.

Todas persoas que merquen no mercado este nadal, dende o 11 de decembro ata o 8 de xaneiro, entrarán no sorteo dun lote de produtos do mercado e un vale de 250 € para gastar no comercio local.

O PETO DOS DESEXOS

Ademais das anteriores, cómpre lembrar outra campaña, a do Peto dos Desexos, que leva en marcha dende o pasado 3 de decembro e remata o 6 de xaneiro. Xuntando os comprobantes das compras por valor de 30 € pódese participar no sorteo de 4 vales de 250 € para gastar no comercio local.

Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz. Foto: Concello de Allariz
Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz. Foto: Concello de Allariz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta