O BNG mantén a estimación de voto do 0,6% ante unhas eleccións xerais, segundo o CIS

Pecha así o ano coa mesma porcentagem rexistrada en novembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O Barómetro de decembro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) mantén unha estimación de voto do 0,6% ante unhas eleccións xerais para o BNG, a mesma que rexistraba no de novembro; mentres que no apartado de voto directo na enquisa sobe do 0,5% que se facía constar o mes pasado ao 0,6%.

O Barómetro volve situar ao PSOE como primeira forza política ampliando a 7,2 puntos a súa vantaxe sobre o PP, que se estanca, mentres Vox cumpre tres meses en liña ascendente.

En concreto, a enquisa outorga ao PSOE unha estimación de voto do 28%, a mesma porcentaxe co que gañou as eleccións hai xusto dous anos e catro décimas mais que o pasado novembro.

A súa vantaxe sobre o PP aumenta medio punto sobre o PP, pasando de 6,7 a 7,2 puntos, e é que o partido de Pablo Casado marca agora un 20,8%, unha décima menos que o mes anterior e xusto o seu mesmo porcentaxe das eleccións de 2019.

E mentres se estanca o PP, sobe Vox por terceiro mes consecutivo e agora rexistra unha estimación de voto do 14,6%, o seu mellor resultado no CIS desde o pasado mes de abril.

Unidas Podemos, pola súa banda, marca un 13,7% no Barómetro de decembro e Ciudadanos aguanta cun 5,9%.

A líder do BNG, Ana Pontón. BNG
A líder do BNG, Ana Pontón. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Resultados 2019 // 119.000 BNG / 114.000 VOX // que sigan xogando coa toponimia e maila república galega e veremos a hostia que nos damos ! Néstor Rego un Gran Fracaso !