Denunciado un local de lecer nocturno en Lugo con 129 clientes dentro, case cinco veces máis da súa capacidade

Por E.P. | Lugo | 20/12/2021 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

A Policía Local de Lugo denunciou un local de lecer nocturno situado na rúa Catedral de Lugo por ter no seu interior a 129 clientes, moitos deles sen máscara, a pesar de contar cunha capacidade máxima de 27 persoas no marco das medidas pola pandemia da Covid-19.

Control da Policía Local de Lugo
Control da Policía Local de Lugo | Fonte: Policía de Lugo.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, denunciou por infracción da Lei de Espectáculos de Galicia a este local. Durante unha inspección na noite do sábado ao domingo, axentes municipais comprobaron que ese local, malia que conta cunha capacidade máxima de 27 persoas, no interior do establecemento había 129 clientes, "moitos deles sen facer uso da máscara regulamentaria e bailando a escasa distancia uns doutros", polo "espazo reducido do que dispuñan", matiza a Policía Local.

Por iso, os axentes desprazados procederon ao desaloxo do local e ao precinto cautelar do mesmo "por grave risco e perigo inminente" que, destacan as mesmas fontes policiais, "a situación supuña para todos os presentes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta