Oito mortes máis elevan as vítimas da pandemia en Galicia a 2.730

Os falecementos rexistráronse o pasado sábado e este luns.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/12/2021 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Os falecementos de oito persoas que tiveron lugar entre este sábado e este luns, cando foron notificados pola Consellería de Sanidade, elevaron as vítimas da pandemia en Galicia a 2.730.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

En concreto, todas estas persoas, cuxas idades estaban comprendidas entre os 77 e os 89 anos, presentaban patoloxías previas.

Ademais das mortes comunicadas durante esta fin de semana, este sábado faleceron dous homes de 60 e 89 anos no Hospital Povisa de Vigo.

Mentres, este domingo faleceron dous homes de 79 e 81 anos e unha muller de 87 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Ese mesmo día tamén se produciu o falecenento dunha muller de 88 anos no Hospital Povisa de Vigo e dun home de 77 anos no seu domicilio de Sanxenxo.

Adicionalmente, Sanidade comunicou o deceso dun home de 85 anos no Chuvi que tivo lugar este luns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta