Feijoo reivindica a "cultura do esforzo" do sistema galego fronte a modelos educativos de "aprobado xeral"

O presidente da Xunta asegura que o sistema educativo galego "é un referente en toda España".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 20/12/2021 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este luns que o sistema educativo galego "é un referente en toda España" grazas a aposta do Executivo autonómico a prol "da cultura do esforzo e o traballo", fronte a outros "modelos que promoven o aprobado xeral".

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, preside a entrega dos premios extraordinarios e ao esforzo e superación persoal 2019 e 2020 de Educación
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, preside a entrega dos premios extraordinarios e ao esforzo e superación persoal 2019 e 2020 de Educación | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

Así o transmitiu durante a entrega dos Premios Extraordinarios 2019 e 2020 da Consellería de Educación, un evento no que o mandatario autonómico resaltou a importancia de que os alumnos adquiran valores como "o esforzo, a constancia e a dedicación".

Feijóo, que agradeceu a alumnos, familias e persoal dos centros o seu labor para avanzar na mellora continua do sistema educativo, subliñou que Galicia logrou reducir á metade a taxa de abandono desde 2009.

"Era de case o 26% e pasou ao 12% en 2020", indicou, antes de destacar que Galicia é a segunda comunidade onde máis estudantes de ESO logra titular (o 96%) e é a Comunidade "máis inclusiva", xa que o 93% de alumnado con necesidades especiais estuda nun centro ordinario. Ademais, sitúase líder en áreas como Matemáticas, Ciencias ou Lectura, segundo o informe PISA.

Entre as medidas levadas a cabo pola Xunta nos últimos anos para conseguir estes resultados, o presidente aludiu á aposta pola inclusión con 4.000 profesionais destinados á atención a diversidade, a aposta pola dixitalización a través de ferramentas como a Estratexia de Educación Dixital 2030 --dotada de 120 millóns de euros para os próximos tres anos-- ou o plurilingüismo, con 100.000 alumnos este curso que se benefician de medidas como seccións bilingües ou auxiliares de conversación nas aulas.

Ademais, fixo especial fincapé no impulso da Formación Profesional, onde o número de alumnos matriculados aumentou un 74% desde o curso 2008/09 ao pasar dos 34.700 galegos que cursaban un ciclo de FP nese ano académico aos 60.000 da actualidade. Neste sentido, remarcou que a Xunta incrementou a oferta de ciclos, creou os máster de FP e fomentou a colaboración coas empresas para impulsar esta formación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta