Piden explicacións á Xunta ante a "impactante" poda do Carballo de Bustelo, unha árbore senlleira

Da árbore senlleira situada en Carballedo quedou só o seu tronco en pé, pois arrincaron praticamente todas as suas pólas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/12/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista ADEGA vén de presentar consulta ante o órgano ambiental da Xunta para que dea explicacións sobre as causas que motivaron a "impactante" poda á arbore senlleira Carballo Grande de Bustelo de Abaixo, en Carballedo. Algo que tamén farán dende Amigas das Árbores- Ourense, pois veñen de anunciar que achegarán un escrito á Consellería de Medio Ambiente pedindo explicacións e instando a tomar medidas para coidar e protexer o carballo.

O Carballo de Bustelo, en Carballedo, tras a 'impactante' poda da arbóre senlleira.
O Carballo de Bustelo, en Carballedo, tras a 'impactante' poda da arbóre senlleira. | Fonte: ADEGA

Tal e como explican ambas as asociacións, o Carballo de Bustelo foi desprovisto de practicamente todas as súas pólas e ficou só o seu troco en pé nunhas actuacións "sen os máis mínimos criterios de coidado e poda", segundo destaca Amigas das Árbores.

Dende ADEGA explican que ditas actuacións só estarían xustificadas en árbores senlleiras que poidan supoñer algún perigo para a saúde pública ou a seguridade das persoas (e sempre que non haxa outra alternativa e que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural o xustifique con informes técnicos). Por iso, e en calquera caso, piden coñecer se a Xunta promoveu previamente medidas para a conservación "en condicións" desta árbore.

Amigas das Árbores censura este novo e "inxustificado" arboricidio, unha práctica "demasiado cotiá" en Galicia e que no caso dunha árbore catalogada como senlleira constitúe unha "demostración de insensibilidade,  incultura e incompetencia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta