O Goberno asina acordos cos gandeiros pero non se compromete a frear a venda a perdas

Asina un convenio coa Interprofesional Láctea nun momento de críticas dos gandeiros por non facer cumprir a Lei da Cadea Alimentaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2021 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda, e o presidente da Interprofesional Láctea (Inlac) Ignacio Elola Zaragüeta, subscribiron un convenio de colaboración co obxectivo de axuntar esforzos para mellorar a cadea de valor do sector lácteo. O convenio céntrase en cuestións prioritarias, como avanzar en aspectos relacionados coa contratación, na cohesión intersectorial, na monitorización e a transparencia do mercado e en actividades de promoción do consumo de leite e produtos lácteos.

Este convenio subscríbese como continuación do catro asinados anteriormente nos anos 2011, 2013, 2015 e 2019, co que se dota de continuidade temporal á estreita relación entre o ministerio e a interprofesional láctea, segundo informou o departamento que preside Luís Planas.

Vacas. CSIC
Vacas. CSIC | Fonte: Europa Press

Entre os compromisos adquiridos no convenio atópase o desenvolvemento de actividades de promoción do sector, ao obxecto de difundir e promover as bondades do leite e os produtos lácteos entre os consumidores. Igualmente, ambos os organismos comprométense a impulsar accións que poñan en relevo a sustentabilidade ambiental, social e económica do sector, así como accións que valoricen os seus esforzos polo benestar animal.

O anuncio chega nun momento en que gandeiros de todo o Estado, e tamén de Galicia, están a dirixir fortes críticas ao Goberno Central por non facer valer a Lei da Cadea Alimentaria, que prohibe a venta a perdas nas explotacións gandeiras, pero que no caso de Galicia se seguen a dar. 

Doutra banda, tamén se comprometen a promocionar e participar en encontros cos elos da cadea alimentaria que non estean representados en Inlac, así como chegar a acordos e desenvolver iniciativas que aseguren un correcto funcionamento da cadea láctea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta