Todas as denominacións de orixe e IXP, presentes nun evento en Santiago para difundir a enoloxía galega

O I Encontro do Viño Galego Revera Vinum contará con diversas actividades destinadas tanto a profesionais do sector como a veciñanza e turistas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/12/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Será os días 22, 23 e 24 de marzo do ano que vén e será a primeira vez que participarán nun mesmo evento todas as Denominacións de Orixe (DO) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia. O I Encontro do Viño Galego Revera Vinum, organizado pola Asociación Hostalaría Compostela (que aglutina a máis de 600 locais de Santiago e comarca), tratará de de difundir os viños galegos entre profesionais do sector e veciñanza.

Grupo de persoas participantes na vendima
Grupo de persoas participantes na vendima | Fonte: Enoturismo Galicia

A iniciativa conta co apoio de Turismo de Galicia e, segundo explican dende a Asociación Hostalaría Compostela, serivirá ademais de para dar a coñecer e promover a enoloxía galega, como atractivo turístico en temporada baixa.

O I Revera Vinum desenvolverase no Hotel Monumento San Francisco, con ponencias, mesas de debate e catas impartidas por algúns dos máis coñecidos sumilleres, enólogos e catadores galegos e do resto de España. Así, entre outros, xa teñen confirmada a súa participación Xurxo Alba, Paula Fandiño, Rafael Palacios, Luis e Alejandro Paadín, Alberto Varela e Salomé Beiroa. O encontro contará ademais con diversas actividades paralelas, como un curso de

catas ou un roteiro de viños.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta