Opositores e funcionarios protestarán en Santiago contra as medidas do Goberno para reducir a temporalidade

A Plataforma Turno Libre convoca unha manifestación para o sábado 15 de xaneiro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/12/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Aglutinada por máis de 3.400 opositores e funcionarios de carreira, a Plataforma Turno Libre convoca para o vindeiro sábado 15 de xaneiro, ás 12 horas na Praza de Obradoiro, unha manestación para trasladar o seu "total desacordo" coas medidas acordadas polo Goberno para reducir a temporalidade no sector público.

Oposicións ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda. XUNTA
Oposicións ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda. XUNTA

A plataforma considera que as medidas, ademais de "ser inxustas para ambos colectivos", poderían ser inconstitucionais porque "vulneran os artigos 9.3, 23.1, 86,1 e 103 da Carta Magna, así como o artigo 21.2 da Declaración Universal de Dereitos Humanos".

Turno Libre recoñece que a temporalidade no sector público é un problema que debe ser solucionado, pero reclama que esta solución non mingüe os dereitos de todos os cidadáns a acceder de maneira xusta a un emprego público, e que garanta a calidade dos servizos públicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta