Os colexios e escolas infantís galegos pechan o trimestre con máis de 3.000 casos e 185 aulas pechadas

A área de Vigo lidera a incidencia, con 1.052 casos e 69 aulas clausuradas.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 22/12/2021 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

A incidencia do coronavirus nos centros educativos e escolas infantís de Galicia mantense á alza e, segundo os datos feitos públicos este mércores pola Xunta, o primeiro trimestre do curso pechouse con 2.997 casos en colexios e institutos, e outros 62 en escolas infantís. A situación obrigou a pechar 159 aulas nos primeiros centros e 26 aulas nas gardarías. Deste xeito, o número de casos de Covid nos centros educativos incrementouse en 406 na última semana, aínda que as aulas pechadas son menos, 159, fronte ás 214 de hai sete días.

A área de Vigo segue concentrando o maior número de contaxiados e o maior número de aulas pechadas, 1.052 e 69, respectivamente. Nesta zona, destacan pola súa incidencia os centros: o CPR Plurilingüe Apóstol Santiago, con 28 casos e unha aula pechada; o CPR Plurilingüe Labor, con 26 casos e dúas aulas; o CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo, con 25 casos e ningunha aula pechada; o CPR Plurilingüe Alba, con 22 casos e unha aula pechada; o CEIP Plurilingüe Seis do Nadal, con 21 casos e unha aula pechada; o CPR Plurilingüe San José de Cluny, con 19 casos e dúas aulas pechadas; o CPR Plurilingüe El Pilar, con 15 casos e ningunha aula pechada. Todos eles na cidade de Vigo.

Nesta mesma área sanitaria, destacan tamén o CPR Santiago Apóstol (Soutomaior), con 20 casos e ningunha aula pechada; o CEIP Plurilingüe Antonio Palacios (O Porriño), con 19 casos e ningunha aula pechada; o CPR Plurilingüe Vigo (Redondela), con 15 casos e ningunha aula pechada; e os centros CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño) e CEIP Plurilingüe Xosé Fernández López (O Porriño), ambos tamén con 15 casos e ningunha aula pechada.

Na área sanitaria de Pontevedra, hai notificados 521 casos e 21 aulas pechadas; na da Coruña, son 499 casos e 16 aulas clausuradas; na área de Ourense, o número de casos ascende a 390 e as aulas pechadas son 8; na área de Santiago hai 264 casos nos centros educativos e 21 aulas pechadas; na área de Lugo son 168 casos e 11 aulas pechadas; e na área de Ferrol, hai 103 casos e 13 aulas pechadas.

Entre os centros afectados destas áreas están o CPR Plurilingüe Liceo La  Paz (A Coruña), con 25 casos e dúas aulas pechadas; o CEIP Plurilingüe de Pedrouzos (Brión), con 24 casos e 3 aulas pechadas; o CEIP de Barouta (Ames), con 22 casos e sen aulas pechadas; o CEIP Luís Seoane (Oleiros), con 22 casos e unha aula pechada; o CPR Plurilingüe Cristo Rey (Oleiros), con 18 casos e sen aulas pechadas; o CEIP A Ponche (Ourense), con 17 casos e unha aula pechada; o CPR Plurilingüe Montespiño (Culleredo), con 17 casos e sen aulas pechadas; o CEIP Mestre Vide (Ourense), con 16 casos e ningunha aula pechada; o CEIP Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús (Pontevedra), con 15 casos e ningunha aula pechada; o CPR Plurilingüe Santa María (Ourense), con 15 casos e ningunha aula pechada; e o CPR Plurilingüe San José (Ourense), con 15 casos e sen aulas pechadas.

ESCOLAS INFANTÍS

Con respecto ás escolas infantís de Galicia, na última semana incrementáronse tanto o número de casos, que subiron de 39 a 62, como o número de aulas de pechadas, que pasou de 11 a 26.

Entre os casos máis afectados están dúas escolas infantís da área sanitaria de Vigo, a escola de Salvaterra do Miño e a escola Lúa II de Vigo, ambas as pechadas.

Comezo do curso escolar en infantil e primaria no CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, Lugo. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS / Europa Press
Comezo do curso escolar en infantil e primaria no CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, Lugo. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta