Alerta na mediana empresa galega polo custo enerxético

Máis da metade dos empresarios de mid-market considera que este factor é un dos principais freos para o crecemento dos seus negocios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/12/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A mediana empresa galega comeza a mostrar preocupación polo impacto que terá o custo da enerxía no desenvolvemento dos seus negocios nos próximos meses. A pesar de que os directivos da rexión melloran as súas perspectivas por primeira vez desde o inicio da pandemia, a evolución dos prezos enerxéticos sitúase xa como unha das principais barreiras do crecemento.

Francisco Conde reúnese coa Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía (AEGE). XOÁN CRESPO
Francisco Conde reúnese coa Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía (AEGE). XOÁN CRESPO

En concreto, máis da metade dos empresarios de compañías mid-market (53%), considera que este factor é un dos principais freos para o crecemento dos seus negocios e para a recuperación. Unha cifra que se sitúa catro puntos por encima da media española (49%) e crece 36 puntos porcentuais respecto ao segundo semestre de 2020.

Esta é unha das conclusións do último Pulso da Mediana Empresa Española de Grant Thornton, que mide a saúde das compañías medianas do noso país e autonomías, de entre 50 e 500 empregados a partir dunha metodoloxía desenvolvida por Oxford Economics.

A firma de servizos profesionais analiza cada seis meses as perspectivas e barreiras para o crecemento percibidas por máis de 10.000 executivos de 29 países, 400 deles están en España.

En comparación con outras rexións, Galicia é a rexión onde máis creceu a inquietude por esta cuestión (+36), por encima de Andalucía (51%), Cataluña (51%), Comunidade Valenciana (43%), País Vasco (40%) e Madrid (38%).

Aínda que o 33 % dos empresarios vaticina un crecemento da empregabilidade a medio prazo, un 47% móstrase preocupado ante a falta de dispoñibilidade de man de obra cualificada para cubrir postos de traballo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta