O Consello da Cultura Galega pecha o ano dedicado a Xela Arias musicando un dos seus poemas

A composición musical realizada polo músico Juanjo Cura interprétaa o coro Gestus Vocalis do Morrazo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2021 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O Consello da Cultura Galega pecha o ano dedicado a Xela Arias musicando un dos seus poemas, 'Dis ma-ma-má', de 'Darío a diario', libro no que desmitificou a idea da maternidade.

Sobre este poema vira o especial co que o Consello da Cultura Galega pecha os proxectos ao redor de Xela, homenaxeada en 2021 co Día das Letras Galegas.

Este produto web contén unha composición musical realizada polo músico Juanjo Cura e interpretada polo coro Gestus Vocalis do Morrazo.

Xela Arias
Xela Arias | Fonte: RAG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta