Unha voz tenebrosa

Falan, a grande maioría, cunha voz que anuncia treboadas e disgracias; falan cunhas verbas que resoan a medo pois, sibilinamente, anuncian disgracias e maldicións bíblicas. Fan premonicións que veñen do máis alá, do fondo das tebras. E para elo, aproveitan os actos de estado para que as súas misivas se escoiten e teñan resonancia por todos os lugares da orbe.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 11/04/2014

Comparte esta noticia
Pensar que as sociedades son  uns entes que non evolucionan e que as xentes precisan sempre de pastores que viven presos de dogmas  que  se  consideran os únicos e verdadeiros, e  polo tanto inalterables, e tanto  como  encadearse a un pasado reacio a mudar e a evolucionar. Por iso  todo o  que se separe deses principios está demonizado por estas xerarquías, e é considerado un grave erro.
 
  Pero as persoas pensan, racionalizan, analizan os comportamentos, critican,  toman decisións e teñen a mente aberta para camiñar pola vida.  E como iso é así,  aspiran, claro con erros, a seren libres  pois non queren depender  dos que sempre viviron baixo a tutela do poder político a carón dun réxime que, a cambio de levar ós dirixentes baixo palio, tiña moitas prebendas e licencias.  Pois deles dependían  informes de boa conduta, de  certificacións polas que podíase acceder a un determinado posto e, ademáis actuaban  e eran os sicólogos da xente. Todo estaba baixo control.  Pero todo muda, todo troca para seguir un rumbo ás veces impredecible, e mesmo confuso. Pero muda. E os tempos actuáis non se parecen en nada ós de hai cincuenta anos. Por iso a xente foi accedendo a unha laicidade  que cuestiona moitas cousas da igrexa actual.
No funeral polo ex-presidente Suarez, Monseñor, aludiu na súa prédica ós graves problemas que, segundo il nos poden levar a un enfrontamento civil. E claro todos nos decatamos, menos il,  de que os tempos son moi distintos. Sí,  hai cabreo na xente, hai crise económica, hai moito paro, pero deseguro que o diálogo en todos os eidos imporase e os problemas serán solucionados civilizadamante.
 
Pois, por moito que se busquen paralelismos entre a España dos anos trinta do século pasado coa actual,  non hai posibilidade de facer unha comparanza, nin de ver os perigos que astutamente deixou caer o Cardenal.  Por iso Monseñor lembre que todo muda. Lembre que a economía mundial  globalizouse, con ventaxas e perxuízos; lembre que moita xente non está contra a súa institución, se non que pasa dela. Non quere conflictos,  pero na súa protesta non  queima igrexas. Lembre igualmente que estamos na Unión Europea e o dialógo prevalecerá sobre os que teñén unha única e exclusiva visión de España, etc.  Por iso as súas verbas interncionadas soan descolocadas e fora de contexto. Se a caso,  pódese quitar unha conclusión, vostede parece que está algo resentido porque  a igrexa non ten o  poder que tivo  tempos atrás. Iso parece que é o que lle quita o sono.
 
Conclusión, como xa todos somos maiores e estamos nun estado de liberdade de expresión, creo que debe poñerse máis ó día, e patear os centros de traballo, os barrios menos favorecidos, escoitar os problemas da xente e sobre todo deixar de vincular a relixión coa política. Se así o fai axiña se irá decatando que o mundo evoluciona e que, por moitos problemas que haxa, istes  resolveranse como queira a xente e faranse dialogando, que é como ten que ser. Pero cambie o tono de voz pois a súa fala sona a algo tenebroso, a imposición e mete medo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com