Nenos ingresados no Hospital Teresa Herrera reciben agasallos elaborados polos internos de Teixeiro

Trátase dunha iniciativa conxunta entre a Fundacion Érguete Integración e o Centro Penitenciario, onde os presos pasarán o Nadal, como os nenos, afastados da súa familia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/12/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Un cento de nenos que terán que pasar ingresados o Nadal no Hospital Materno Infantil Teresa Herrera recibiron este día de Noiteboa agasallos realizados por internos do módulo 1 do Centro Penitenciario de Teixeiro. A iniciativa partiu dunha colaboración do Centro Penitenciario de Teixeiro e a Fundacion Érguete Integración, que fixo entrega dos agasallos esta mañá.

Agasallos elaborados polos internos do módulo I de Teixeiro.
Agasallos elaborados polos internos do módulo I de Teixeiro. | Fonte: Fundación Érguete

Na iniciativa, persoas internas do centro penitenciario que colaboran nos talleres ocupacionais do centro, aproveitan as súas destrezas persoais para coñecer e axudar ao seu entorno.Nesta ocasión as persoas internas empatizaron cos nenos e nenas que, como eles, pasarán estas datas afastados da súa familia. Segundo sinalou a  Fundacion Érguete Integración, con estes detalles queren "mandarlles forza e colaborar, nas súas posibilidades, en animalos e que se sintan acompañados e comprendidos".

Cada cativo recibirá un adorno navideño feito en arcilla por eles e elas. Os agasallos irán acompañados cun vídeo onde as persoas internas involucradas nesta actividade explican como e porqué se implicaron nesta inicitativa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta