Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2021 | Actualizada ás 20:37
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou no últimos catro días, desde o xoves 23 de decembro e ata as 18,00 deste domingo 26, 11.308 casos positivos de covid-19.
Tendo en conta que se realizaron un total de 83.419 probas, a taxa de positividade de todos este test --tanto PCR como de antíxenos-- é do 13,56%. En concreto, desde o xoves 23 de decembro, o Sergas realizou 52.934 probas PCR que permitiron descubrir 8.429 infeccións. Isto implica unha positividade do 15,92%, máis do triplo que o 5% que marca a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.
Mentres tanto, o sistema galego de saúde realizou no mesmo período outro 30.485 test de antígenos con 2.879 con resultado positivo, o 9,44%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.