24 pacientes covid novos nun día tras outros 2.349 casos a pesar de facerse menos PCRs

Os contaxiados son case 26.000, aínda que tamén se realizaron case 4.000 probas PCR menos. A taxa de positividade e case catro veces maior á recomendada pola OMS.

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 27/12/2021 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia ascendeu dunha maneira notable ata os 298 ingresados, que son 24 máis que unha xornada atrás. Iso si, os novos contaxios por coronavirus detectados nun día baixaron ata os 2.349, que son 429 menos que o día previo, aínda que hai que ter en conta que ao longo do fin de semana e das festas do Nadal diminuíron as probas realizadas.

No que respecta ás hospitalizacións, segundo os datos publicados este luns 27 de decembro, con rexistros ata as 18,00 do domingo 26, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 246 pacientes ingresados en planta, 27 máis, aínda que os das unidades de coidados intensivos (UCI) descenden en tres, ata os 52.

De feito, a presión asistencial ascendeu nas últimas horas en todas as áreas sanitarias agás a de Lugo-A Mariña-Monforte, onde se estabilizou con 23 enfermos, dos que seis están críticos.

De entre as que soben, a área de Vigo continúa na cabeza coa maior cifra de hospitalizados por covid, con 80 en total, dous máis que hai un día. Con todo, a súa UCI non rexistraron variacións e mantéñense con 14 pacientes.

Séguelle a de Ourense-Verín-O Barco con 53 hospitalizados (+5), aínda que baixaron a seis (-1) os que están en coidados intensivos. Na da Coruña-Cee, hai 51 ingresados por coronavirus (+4), seis deles críticos (igual); e na de Pontevedra-O Salnés son 47 (+4), dos que 10 requiren UCI (-2). Tamén subiu a presión hospitalaria na área de Santiago-Barbanza, que contabiliza 27 ingresados (+6), seis deles en coidados intensivos; e na de Ferrol, que ten 17 (+3), dos que catro (sen variación) están críticos.

MENOS CONTAXIOS E MENOS PCR

No que respecta ás novas infeccións, a cifra de 2.349 detectadas nas últimas 24 horas implica un importante descenso de 429 con respecto ao día previo, cando houbo 2.778. Cabe lembrar que Sanidade notificou o sábado 3.100 infeccións, cifra marca de toda a pandemia en Galicia.

De todos os positivos notificados na última xornada, a área de Vigo volve situarse á cabeza ao concentrar 647. Séguenlle a da Coruña-Cee, con 425 contaxios; e a de Pontevedra-O Salnés, con 416. Tras estas, están Santiago-Barbanza, con 355; Ferrol, con 183; Lugo-A Mariña-Monforte, con 182; e Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 141.

Para analizar o descenso da cifra de novos contaxios detectados no último día, hai que ter en conta que nas últimas 24 horas analizadas realizáronse 9.777 PCR, que son 3.801 menos que a xornada previa. Desde o inicio da pandemia, o Sergas fixo 3.248.260 destas probas.

Varias persoas fan cola para facerse PCR, nun punto móbil de PCR gratuítas no Naútico de Vigo, a 23 de decembro de 2021, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España). Decenas de persoas fixeron máis de tres horas de cola desde esta madrugada para fai. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Varias persoas fan cola para facerse PCR, nun punto móbil de PCR gratuítas no Naútico de Vigo, a 23 de decembro de 2021, en Vigo, Pontevedra, Galicia (España). Decenas de persoas fixeron máis de tres horas de cola desde esta madrugada para fai. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press | Fonte: Europa Press

CASOS ACTIVOS

Mentres tanto, a sexta onda da pandemia da covid-19 en Galicia segue en ascenso despois de superar este domingo os picos das cinco anteriores. Sanidade notifica este luns unha nova marca con 25.796 casos activos da enfermidade, 1.544 máis.

Esta subida replicouse en todas as áreas sanitarias coa única excepción da de Ourense, onde o total de pacientes con coronavirus baixou até os 2.774 (-61). Mentres tanto, continúan aumentando na área de Vigo, a 7.425 casos activos (+350); na da Coruña, a 4.485 (+334); na de Santiago, a 3.812 (+298); na de Pontevedra, a 3.801 (+348); na de Lugo, a 2.105 (+128); e na de Ferrol, a 1.394 (+147).

TAXA DE POSITIVIDADE

En canto á taxa de positividade en PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test--, volveu a situarse preto do 20% ao manterse nun 19,7% o que implica que se mantén bastante por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 omicrón

Atención Primaria está saturada por estar haciendo el seguimiento de los 25000 positivos de covid 19 de Galicia, porque la Consellería de Sanidade, dio el servicio de seguimiento de positivos y contactos desde 18/11/2021 a Abai extell por ahorrar 1 euro en persona positivo y 1 millón en la concesión del servicio, esta empresa sin experiencia en seguimientos covid 19 y ahora mismo con 360 teleoperador@s trabajando. La concesión fue de 14 millones de euros por 1 año con opción de prórroga de otro año más ( Dios nos guarde). Una verguenza la concesión, una verguenza el nulo servicio, una verguenza que la Conselleria calle y oculte., y Atención Primaria esté saturada y haciendo un trabajo que no es de ellos. Ahora la pregunta es, si Atención Primaria hace todo, ¿¿¿en donde está el ahorro????

1 Gamela

Non comprendo porque os responsables de Atención Primaria non denuncian o abuso do SERGAS se pagaron á empresa EXTEL https://www.galiciapress.es/texto-d... Qué pintan os de Atención Primaria DUPLICANDO o Servizo ?