G. Caballero advirte que "é moi resistente" e espera que Formoso sexa "integre sensibilidades" no PSdeG

Di que a "división non sería positiva".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2021 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, espera que o novo secretario xeral do partido, Valentín González Formoso, sexa "capaz de integrar sensibilidades", posto que a división "non sería positiva".

En rolda de prensa, Caballero asegurou sentirse "cómodo" e ademais reivindicou que é "moi resistente e resiliente", tras perder o liderado da formación. O grupo, segundo reiterou a preguntas dos xornalistas, "segue traballando día a día con total normalidade" e "dedicación", mentres "o partido ten as súas propias canles de traballo e tamén traballa con normalidade". "O PSdeG é un instrumento ao servizo dos galegos", resolveu.

Así, defendeu que "cada un ten que pór o mellor de si mesmo" e a el correspóndelle "defender as propostas" do PSOE galego na Cámara. "Dedícome a traballar polos galegos. Fágoo alí onde teño responsabilidades", insistiu. En canto ao partido, desexou que sexa o "máis forte, máis progresista, e capaz de integrar máis sensibilidades", co obxectivo de "ser alternativa real ás políticas da dereita". El, profundou, vai "remar sempre nesa dirección".

"Quero un partido forte, con sensibilidades representadas. Ese é o proceso en que estamos e a idea é que nuns meses renovase todas as estruturas de poder orgánico", comentou Gonzalo Caballero.

"RESPECTAR A DEMOCRACIA INTERNA"

Neste sentido, avogou por fomentar a participación e por respectar a "democracia interna", para que o PSdeG sexa "casa común da esquerda". Co ánimo de seguir na "liña de crecemento" que atribúe á súa etapa, asegurou que traballará "con lealdade" para que a nova dirección "poida seguir con esa liña de crecemento".

A nova dirección, segundo engadiu, "ten que ter a capacidade de xestionar un novo tempo en que a militancia estea cómoda", todo isto, "para saír máis fortes, non saír debilitados e que non se xere unha división que non sería positiva".

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero. PSDEG
O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta